domingo, 24 de diciembre de 2023

Cronica

O pasado domingo día 3 de decembro a xente de Paso Miúdo (despois de cancelar a ruta que tiñamos para este mes por estar intransitable) decidimos facer un tramo do Camiño de S. Rosendo dende A Espiñeira ata Lourenzá.

Saímos dende o campo da feira como estaba planeado as 9 da mañá con moi bo tempo,por unha pista de monte forestal a cal nos leva por xunto a canteira que esta proxima a unha antiga explotación de ouro romana ata a aldea de Loureiro.

Dende aquí seguimos unha pista asfaltada pola cal pasamos O Barral, (onde hai un área recreativa ben conservada) e A Rexa e seguimos por pista forestal acompañando o Río Masma que nos leva pola sua marxe onde nos enseña o que no seu día foi unha central hidroeléctrica da que aínda quedan algúns edificios, e os restos da presa que regulaba o caudal.

Seguimos a nosa viaxe e pasamos preto das ruínas da Capela de S. Pedro Fiz e dende aquí ata a Cazolga onde facemos a nosa parada para coller forzas nunha área recreativa ao lado dunha ponte que foi construida sobre o Río Masma polos monxes benedictinos no seculo XVIII co fin de transportar os materiales para a construción do monasterio

Logo de comer algo cruzamos a ponte e seguimos atravesando un eucaliptal pasando por debaixo da autovia , saimos a longa unha pista asfaltada e dende aquí ata Lourenza

A primeira documentación histórica do concello data da creación do Monasterio de San Salvador no ano 947

Ata o s. XII o monasterio e de carácter familiar pasando posteriormente a ser Benedictino. No 1642 o prestixio da abadía chega a seu momento do máximo esplendor séndolle outorgado o título de Marqués de Lorenzana a Don Alvaro Quiñones. A supresión definitiva do monasterio producese no ano1835.

No antigo réximen o espazo territorial de Lourenzá estaba composto por duas xurisdicións: • A do Val de Lourenzá • A de Vilanova de Lourenzá as duas pertencentes a provincia de Mondoñedo (naquel momento Galicia tiña 7 provincias).

Na lista alfabética publicada dos concellos da Provincia de Lugo do ano 1835 figuran dous concellos: O Val, coas parroquias de San Xurxo, San Tomé y Santo Adrao e o de Vilanova con Santa María, Masma, Oirán e Couboeira.

Na revolución de 1840 faise unha verdadeira escabecheina na división municipal suprimindo 30 concellos, desaparecendo así o de O Val. O novo de Lourenzá absorbe a aquel quedando dentro do partido xudicial de Mondoñedo coas parroquias de: Santa María de Valdeflores, San Xurxo, San Tomé y Santo Adrao.

No ano 1844 a Deputación Provincial de Lugo non accede ao solicitado polas parroquias de O Val que querían ser segregadas e formar concello propio, por considerar que O Val non tiña posibilidades de partición, quedando a distribución territorial desta forma ata os nosos días.

Nos primeiros anos do século XX o concello sufre os azotes da emigración destacando sobremaneira a emigración ao territorio cubano onde se crea a sociedade Hijos de Lorenzana que en anos posteriores fará donacions ao concello para a construción de escolas e a compra do reloxo da Torre.

Para o vindeiro ano seguiremos coas nosas andainas.

Bo Nadal e vemonos no Camiño





Powered by Wikiloc